AS 4R DE A RÚA UN PASO MÁIS, UN LIXO MENOS

O RECUNCHO MUSICAL

 AS 4R DE A RÚA

UN PASO MÁIS, UN LIXO MENOS

 

Este curso, dende a aula de música comezamos o proxecto de creación dun RECUNCHO SONORO no noso patio, enmarcado na transformación do patio que vimos construindo nos últimos anos no centro.

Para a súa construción utilizamos as estruturas da antiga horta e do invernadoiro, xa que trasladamos os bancais á parte traseira da escola. 


 

Con esta instalación musical pretendemos que os nenos/as gocen coa creación, coa investigación, coa experimentación do son, que producen os distintos materiais e que poñan en valor a súa contorna máis próxima co seu coidado, a reutilización e a reciclaxe.

Construímos este espazo con distintos materiais que producen sons diferentes: plásticos, madeiras, cunchas, pedras e metáis.

En Infantil traballamos os plásticos e creamos campás con botellas.


 

1º e 2º traballaron con madeira. Realizaron un paseo coa súa familia por algún dos nosos montes e recolleron un pau de madeira resistente e con unhas medidas determinadas. Con eles creamos un instrumento conxunto.


 

3º e 4º traballaron coas pedras e cunchas e realizaron unha visita aos nosos areais. Con este material construimos móviles sonoros.


 

 

 

 

 

 

 

 

Ao mesmo tempo, e de forma voluntaria, tiveron unha segunda misión, aproveitar a visita e desfrute da contorna, para facer unha pequena recollida de lixo (sempre protexidos con luvas).

O lixo atopado tirámolo no contedor máis próximo. Antes, fixeron unha foto e enviárona ao correo da aula de música: musicaarua@gmail.com  Estas fotografías foron proxectadas na  clase para intentar  concienciarnos da cantidade de lixo que se tira ao mar e aos nosos montes, o tipo de lixo, a quen podía pertencer,... Por outra banda foron publicadas na web do cole, animando a toda a comunidade educativa da Rúa a facer esta práctica. 

 








 

Por último fixemos un lema entre todos/as para a nosa campaña para: 

 REDUCIR-REUTILIZAR-RECICLAR-RECOLLER.

“AS 4R DE A RÚA.UN PASO MAIS, UN LIXO MENOS”

Esta campaña quere animar a tódalas comunidades educativas do Morrazo a seguir esta iniciativa e convidalas a enviar ao correo da aula de música do noso cole as súas fotos indicando o espazo natural onde foron tomadas e así mellorar e poñer en valor a nosa contorna máis próxima. Estas fotografías serán publicadas no blog.

O correo da aula de música: musicaarua@gmail.com

Por último agradecer a vosa colaboración e por embarcarse neste proxecto

 MÚSICO-ECOLÓXICO.

Comentarios

Publicacións populares