MARCHA RADETZKY


saco un manita

Ola rapaces/as, aquí tedes unha proposta de acompañamento con palmas dunha famosa peza musical chamada “Marcha Radetzky”.

Como dice a profesora de música Mª José  Sánchez no video, que adxunto ao final da proposta, para mín tamén é un soño, dende que era unha nena coma vós, asistir a este concerto de primeiro de ano, que se celebra en Viena (Austria).
Gustaríame que practicárades o musicograma que presenta o video para acompañar con palmas esta peza musical e anímovos a investigar cal é o compositor da mesma.
Neste acompañamento imos traballar a diferenza entre FORTE E SUAVE.

Preme nesta ligazón para poder ver o video da proposta:

Comentarios

Publicacións populares